CulturaCulturaÚltima hora

Convocado o XIII Concurso de Microrrelatos Ribeira Sacra-Parada de Sil

Concello de Parada de Sil./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Vén de abrirse o prazo ata o día 27 de marzo para participar no Concurso de microrrelatos Ribera Sacra Parada de Sil, convocado polo Concello, ao que se poderá presentar quen o considere tendo en conta que o relato será orixinal e inédito.

Dende o Concello lembran, e así o explicitan as bases, que “o microrrelato non é unha ocorrencia ou un conto, é un relato breve caracterizado pola precisión no contar, no uso da linguaxe así como por unha trama paradoxal e sorprendente”.

Así, o Concello de Parada de Sil indica que “para seguir estimulando a participación na nosa lingua, mantense un primeiro premio de 1.000 euros para o relato en galego que sexa clasificado en primeiro lugar.O mesmo premio terá o relato clasificado en castelán en primerio lugar e logo establécese un segundo premio de 500 euros e un terceiro de 300, nos que non se ten enconta para a súa valoración a lingua que utilice o autor, castelán ou galego”.

Despois da alta participación que está tendo este concurso nos últimos anos, o Concello limita a 1.000 o número máximo de microrrelatos, entre outras cousas pola dificultade na corrección que vén facendo un xurado presidido polo hispanista e profesor emérito da Brown University, Antonio Carreño, e os recoñecidos profesores ourensáns, Arturo Fernández e Delfín Caseiro.

Informa o alcalde, Aquilino Domínguez que o fallo farase público o día 30 de abril e a entrega dos premios terá lugar nun acto solemene que se celebrará na Casa do Concello o día 10 de maio.

As bases poden consultarse na web do concello https://www.paradadesil.es/index.php/gl/

Back to top button