CarballedaConcellosEn portadaO BarcoÚltima hora

Cortada a N-536 entre entre Candís e Sobradelo ao ceder parte da estrada

 

Como consecuencia do temporal que afecta a comarca nos últimos días, parte do firme da estrada N-536 cedía á altura entre Candís (O Barco) e Sobradelo (Carballeda de Valdeorras), onde se están a realizar as obras da nova estrada de circunvalación. Fundía parte dun dos carrís e nel tamén aparecían fendas.

 

 

Arestora o tráfico permanece cortado dende Viloira (O Barco), en concreto un pouco antes da ITV, onde unha persoa informa aos condutores sobre a ruta a seguir en función do punto ao que se dirixan.

No lugar está a traballar o persoal da empresa que realiza as obras para intentar solucionar a incidencia e restaurar o tráfico o antes posible.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button