ConcellosÚltima horaVilamartín

Cortada ao tráfico a estrada N-536 en Arcos (Vilamartín) debido aos danos na ponte pola riada

 

Dende o Concello de Vilamartín de Valdeorras informa á veciñanza do “corte do tráfico en Arcos debido á gravidade dos danos ocasionados pola tormenta da pasada semana nas infraestruturas que cruzan a N-536”.

Aseguran que esta medida adóptase “por motivos de seguridade e manterase vixente ata que se realicen as correspondentes avaliacións técnicas e se garanta que a circulación pode restablecerse con total seguridade”, polo que préegan á veciñanza e ás persoas usuarias da vía que “extremen a precaución e empreguen rutas alternativas”.

Fotos: Mónica G. Bellver, excepto a última que é do FB do Concello de Vilamartín.

Back to top button