
O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible (Mitms) iniciará o vindeiro mércores 18 de decembro de 2024 unha nova fase nos traballos de reposición do taboleiro do paso superior sobre a N-120 no P.K. 455+996, no Barco de Valdeorras.
“Para iso, e para garantir a seguridade dos traballadores e usuarios, a partir do as 8:00 horas do 18 de decembro será necesario efectuar o corte total ao tráfico da estrada N-120 entre os PP.KK. 455+000 e o 457+100. Establecerase un itinerario alternativo debidamente sinalizado a través da travesía do Barco de Valdeorras. A duración desta fase dos traballos será de aproximadamente 1 día, con todo, restituiranse a circulación ao tráfico pola N-120 na maior brevidade posible compatible coa seguridade viaria”, segundo informa o Ministerio.
Esta actuación, cun importe aproximado de 600 M€, ten por obxecto restituír a circulación a través deste paso superior sobre a estrada N-120, restrinxida tras os graves danos estruturais sufridos nunha das súas vigas a casusa do impacto dun vehículo articulado.
Afeccións ao tráfico
Para a realización destes traballos de reposición do taboleiro da estrutura afectada, será necesario efectuar un corte total da estrada N-120 entre os PP.KK. 455+000 e o 457+100 por duración aproximada de 1 día, iniciándose o mércores 18 de decembro ás 8:00 horas.