EconomíaEconomíaEn portadaPizarraÚltima hora

Crear o “Día da Lousa”, entre os temas abordados na reunión do presidente da Deputación co Clúster da Pizarra de Galicia

Luis Menor comprometíase a que a Deputación continuará coa colaboración que xa está consolidada co clúster

 

O presidente provincial, Luis Menor, mantiña esta semana unha reunión de traballo coa directiva do Clúster da Pizarra de Galicia, conformada polo seu presidente, Víctor Cobo Arias; o vicepresidente por Ourense, Daniel León; o xerente, Severino González; e Eliseo López como membro da xunta directiva.

No encontro, no que tamén estivo presente a deputada delegada especial para Valdeorras e alcaldesa de Carballeda, María Carmen González;  abordaron a situación que vive actualmente esta actividade, así como a súa forte repercusión na provincia e en concreto na comarca de Valdeorras, pois xera uns 2.000 empregos directos e unha media de 4 indirectos por cada emprego directo.

Así, na liña da importancia social e económica deste sector, o presidente provincial comprometeuse a que a Deputación continuará coa colaboración que xa está consolidada co clúster, “onde ademais de axudar nos gastos de funcionamento e de xestión, tamén colaboraremos na promoción deste sector”, explicou Menor, quen concretou que na reunión falaron da posibilidade de crear un “Día da Lousa” para darlle “un pulo que constituirá un factor de promoción novidoso en moitos eidos”.

Menor recalcou que o compromiso da Deputación é firme con este sector estratéxico da economía provincial, e avanzou que haberá novos acordos de colaboración que serán anunciados en vindeiras datas.

Artigos relacionados

Back to top button