OurenseÚltima hora

Cuarta rolda de contactos de Luis Menor con alcaldesas e alcaldes da provincia

 

O presidente da Deputación, Luis Menor, recibía na tarde de onte no Pazo Provincial ás alcaldesas de Bande (Sandra Quintas), Trives (Patricia Domínguez), Cenlle (Rebeca Sotelo) e Rairiz de Veiga (Asunción Morgade); así como tamén aos alcaldes da Merca (Manuel Garrido) e Pontedeva (Juan Carlos González).

Foi a cuarta rolda de contactos con rexedores da provincia, dentro do compromiso de Luis Menor de atender persoal e individualmente as peticións de todos os concellos ourensáns, tanto no propio Pazo Provincial como con visitas in situ aos municipios. O obxectivo destes encontros é reforzar o diálogo e a cooperación da Deputación de Ourense cos 92 concellos da provincia.

Artigos relacionados

Back to top button