EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Cuarto venres de “Tapazas” en Quiroga

 

Con moita animación iniciábase ás 19:30h. o cuarto “Venres de Tapazas” en Quiroga, unha iniciativa organizada dende a Asociación de Empresarios e Comerciantes do Xeoparque Montañas do Courel co fin de impulsar o sector hostaleiro da comarca quiroguesa.

Na iniciativa participan unha ducia de establecementos dos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Courel. As persoas que acudan a degustar a “tapaza” recibirán rifas para entrar no sorte deo 500 euros para gastar (nunha soa compra ou en varias) nos establecementos da asociación. E o número ganador será o que coincida coas 4 últimas cifras do sorteo da Lotería Nacional do 26 de setembro (as bases e locais participantes poden consultarse no evento de facebook Venres de Tapazas.

Esta singular iniciativa, que está tendo unha moi boa acollida, continuará os venres de agosto e de setembro.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Información e fotos sobre a “Noite Branca” de Quiroga:
https://osil.info/quiroga-celebra-a-sua-primeira-noite-branca/

Artigos relacionados

Back to top button