DeportesPiraguismoÚltima hora

Curso de adestrador de piragüismo en Viana do Bolo nesta fin de semana

Imaxe dun curso de piragüismo impartido o pasado ano en Viana do Bolo./ Cedida.

 

Esta fin de semana impartirase na biblioteca municipal do Concello de Viana do Bolo, un curso de iniciadores de piragüismo, que é a primeira titulación federativa á que se pode acceder e que habilita para ensinar a práctica do piragüismo, para todos aqueles que queren ser adestradores de piragüismo, e cuxa labor nos clubs, empresas de lecer e turismo activo son os cursos de iniciación, bautismos de piragüismo e actividades guiadas.

O curso está organizado pola Federación Galega de Piragüismo coa colaboración do Concello e do Club Náutico de Viana do Bolo. Ao mesmo asistirán 13 alumnos, que para poder realizar o curso deben ter máis de 16 anos e os estudos de ESO ou superiores, así como pasar unha proba de acceso ao curso. Os alumnos proceden de distintos puntos da xeografía galega, os cales unha vez que aproben o curso e lles sexa emitido o título pola Real Federación Española de Piragüismo poderán exercer o seu labor en distintos clubs e empresas de turismo activo de toda a Península.

O curso será impartido polo técnico do Club Piragüismo Fluvial Allariz, técnico con titulación Nacional nivel 3, que lle habilita para impartir estes cursos federativos. E con el que a FGP pretende colaborar na difusión do noso deporte e achegar retorno económico a esta zona do oriente Ourensán.

Artigos relacionados

Back to top button