EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Curso de cata de viños “xenuínos e especiais” en Quiroga

A actividade, cunha duración de 26 horas, terá lugar entre o 9 e o 19 de decembro, en horario de 18:45 h a 22h; na Sala de Catas do Museo Etnográfico Municipal

 

“Dar a coñecer e preservar o noso patrimonio, a nosa cultura e a nosa gastronomía”. Este é o obxectivo o proxecto Coñece o Camiño de Inverno. Museos Etnográfico e Xeolóxico de Quiroga, promovido polo Concello de Quiroga e cofinanciado pola Xunta de Galicia dentro do Programa O teu Xacobeo .

Entre as actuacións a realizar, a primeira en desenvolverse será o Curso de Catas de Viños xenuínos e especiais no que poden participar todas as persoas que o desexen, de xeito gratuíto. A actividade, cunha duración de 26 horas, terá lugar entre o 9 e o 19 de decembro, en horario de 18:45h a 22:00 h; na Sala de Catas do Museo Etnográfico Municipal .

A formación será impartida pola Escola de Cata de Viños, Manuel Sánchez Formación. As persoas interesadas en participar xa poden inscribirse na Casa da Cultura.

Máis información no teléfono 982 43 51 25.

Artigos relacionados

Back to top button