
O próximo día 14 de novembro, de 11 a 12,30 horas da mañá, celebrarase na Aula Cemit do Concello do Barco (Edificio Multiusos, segundo andar), un curso sobre intelixencia artificial no que se poden inscribir todas as persoas que o desexen, e o 21 de novembro, no mesmo lugar, terá lugar unha charla sobre ciberseguridade impartida por persoal especializado. A charla impartirase entre 11:00 a 12:30 horas da mañá.
Os interesados en ambas actividades poden inscribirse, ben chamando ao teléfono do Concello (988320202, extensión 2169), ben de xeito presencial na propia aula Cemit.

