
A partir do 21 de decembro a Casa da Cultura de Quiroga acollerá un curso de 25 prazas de “Monitor de Tempo Libre” homologado pola Xunta de Galicia. Conta con 200 horas teóricas e 150 prácticas a desenvolver durante as vacacións de Nadal e nas fins de semana dos meses de febreiro e marzo.
Esta acción formativa está organizada por Lugo Open Factory, en colaboración co Concello de Quiroga e a Xunta de Galicia, garante prácticas e traballo, como mínimo, na campaña de verán. O custo da matrícula para os empadroados en Quiroga é de 170 € a pagar en dous prazos. Para os non empadroados a matrícula ascende a 220 €, tamén a pagar en dous prazos.
O concelleiro de Xuventude, Luis Manuel Arias, incidiu na importancia deste curso, que precisa un mínimo de 20 persoas , e que da opción a traballar durante o verán en actividades programadas dende o concello e dende outras empresas.
Para máis información ou para formalizar as inscripcións deben dirixirse dende hoxe mesmo ao WhatsApp 620.78.98.35 ou ao correo electrónico benvida@lugopenfactory.com antes do 15 de decembro.