EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Curso de poda en verde os días 14 e 15 de xullo na D.O. Monterrei

Contará cunha parte teórica e outra práctica e será impartido por Francisco Rego Martínez, investigador da Evega
O técnico Francisco Rego impartindo un curso anterior na D.O. Monterrei./ Foto: CRDO Monterrei.

As cualidades dun terroir para ser apto para a viticultura, zonas vitícolas ou a complicación do cambio climático serán algúns dos temas que se tratarán no curso de poda en verde que o Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei organizará nos días 14 e 15 de xullo. Tamén se incidirá nas particularidades da D.O. Monterrei, na xeometría da plantación, superficie foliar total e efectiva, influencia nos manexos na vexetación e no verde, sistemas de condución e poda invernal ou traballos en verde, entre outras.

Esta actividade contará con dúas partes, unha teórica e outra práctica, e será impartido por Francisco Rego Martínez, técnico xubilado e investigador da Estación de Enoloxía e Viticultura de Galicia (Evega). A sesión teórica terá lugar na tarde do 14 de xullo, de 17 a 20 h, na Casa da Xuventude de Verín (Avenida de Portugal s/n), mentres a práctica farase ao día seguinte, de 9 a 12 h, “no viñedo máis grande de Galicia, situado no municipio de Vilardevós”, segundo o Consello Regulador da D.O. Monterrei.

 

Un dos momentos doutro curso de poda./ Foto: CRDO Monterrei.

Este curso é gratuíto e está destinado a un máximo de 20 alumnos/as. Para poder asistir será necesario inscribirse previamente no C.R.D.O. Monterrei (a través do teléfono 988 590 007 ou do correo electrónico: info@domonterrei.com). A inscrición se realizará por rigurosa orde de entrada. “Este curso práctico de poda enmárcase na aposta da D.O. Monterrei por fomentar accións formativas entre os membros que compoñen o sector vitivinícola da comarca”.

Artigos relacionados

Back to top button