Na mañá deste xoves 15 de maio tiña lugar no Barco de Valdeorras, un curso organizado pola Policía Local deste concello sobre a intervención en accidentes de tráfico con vehículos eléctricos.
Impartido polos bombeiros do parque comarcal, tiña lugar no salón de actos do Edificio Multiusos e contaba coa asistencia de membros dos diferentes servizos de emerxencia da contorna (Policía Local, GES, Protección Civil…)
Fotos: Mónica G. Bellver.



