CulturaCulturaÚltima hora

Curso “Doce mestres sen discípulo. Ecos actuais do pensamento filosófico e literario”, con Ignacio Castro na Fundación Granell

 

Entre o vindeiro 19 de outubro e 8 de febreiro impartirase na Fundación Granell en Santiago o curso “Doce mestres sen discípulo (Ecos actuais do pensamento filosófico e literario)”, da man de Ignacio Castro Rey.

“A idea deste é estudar doce figuras do pensamento que seguen sendo moi actuais. Case todas elas están relacionadas coas vangardas do pasado século e coas urxencias éticas do actual. Non obstante, estudaremos estas figuras ao marxe das respectivas “escolas” que crearon”, explica Castro Rey, “os discípulos son unha consecuencia inevitable do impacto dun pensamento vigoroso, mais á vez unha fonte que converte nun outro canon máis o que naceu de modo orixinal, dunha vida que pensou de novo a inmediatez común. Cambiando a imaxe que tiñamos do presente, os clásicos o son polo que fixeron, non só polo que dixeron. Como falamos de pensamento, no só de “Filosofía”, podemos incluír a figuras como Freud, Lacan, Clarice Lispector e outros “intrusos” que son pensadores cardinais do Occidente contemporáneo”.

 

 

 

Co fondo de Nietzsche, Heidegger e outros clásicos do pensamento, a lista de nomes e a seguinte:

1) Sigmund Freud: 19 de outubro.
2) Ludwig Wittgenstein: 26 de outubro.
3) Simone Weil: 2 de novembro.
4) Walter Benjamin: 10 de novembro.
5) Hannah Arendt: 16 de novembro.
6) María Zambrano: 23 de novembro.
7) Jacques Lacan: 30 de novembro.
8) Michel Foucault: 11 de xaneiro.
9) Gilles Deleuze: 18 de xaneiro.
10) Alain Badiou: 25 de xaneiro.
11) Giorgio Agamben: 1 de febreiro.
12) Clarice Lispector: 8 de febreiro.

As sesións serían moi interactivas, cunha duración de hora e media. O taller incluirá un texto previo cunha proposta de lectura, unhas preguntas iniciais para os inscritos e cuestións destacadas, máis un listado de obras principais e material audiovisual ilustrativo. “Cada sesión comezará cunha presentación breve, sinxela e provocadora de 45 minutos, seguida da discusión máis aberta posible. O coordinador do taller comprométese a corrixir e devolver os comentarios escritos que os matriculados queiran facer sobre os autores que sexan”, tal e como avanzan dende a organización.

As persoas interesadas poderán inscribirse neste curso (que poderá facerse de forma online ou presencial) en limo_producciones@hotmail.com .

Artigos relacionados

Back to top button