ConcellosParada de SilÚltima hora

Danse a coñecer os ganadores do XV Concurso de Fotografía Rosa Pons

Espíritu de libertad.

 

O xurado do XV Concurso de Fotografía Rosa Pons vén de facer público o fallo deste concurso que cada día conta con máis participación e máis calidade o que retrasou uns días o resultado. Trescentas trece fotografías de concursoantes de 15 comunidades de España e de países estranxeiros como Porugal, Colombia, Venezula ou Brasil optaron ós premios dest concuso patrocinado polo empresario de Parada de Sil afincado en Barcelona, Camilo Yáñez.

O premio entregarase o proximo xoves no salón de plenos do Concello ás sete e media da tarde nun acto público podendo verse as fotos participantes a partir de maña no mesmo salón, en horario de oficina.

Este ano a gañadora do primeiro premio da modalidade “Visións” de Parada de Sil foi a ourensá Adriana Mateo que recibirá 800 euros, quedando en segundo lugar nesta modalidade o malagueño José Maiquez cun premio de 300 euros.

 

Unha mirada 360 de Ourense.

 

Na modalidade de tema libre o primeiro premio con 700 euros foi para o ourensán Fernando Saco coa fotografía “Unha Mirada 360 graos Ourense” e en segundo lugar o madrileño Antonio Farto coa fotografía “Espíritu de Libertad”, que recibirá 200 euros.

 

Los arcos.

 

O alcalde de Parada de Sil, Aqulino Domínguez, amosa a súa satisfacción pola alta participación e agradece ao xurado o seu traballo desinteresado, así como ao patrocinador o finanzamento do mesmo por quince anos consecutivos.

 

O mosteiro agochado.

Artigos relacionados

Back to top button