
David Lamelas, nado en Bos Aires en 1946 pero con raíces familiares en Borruga (Manzaneda) está considero unha figura clave da arte conceptual e un dos grandes protagonistas da escena artística arxentina na década dos sesenta. Unha mostra da súa obra poderá verse nos vindeiros meses en Italia.
Así, do 7 de maio de 2023 ao 24 de febreiro de 2024, a Fondazione Antonio Dalle Nogare, con sede na cidade de Bolzano (Italia) acolle “I Have to Think About It” (Teño que pensalo), a primeira exposición retrospectiva nunha institución italiana deste creador. É “autor dunha das máis fascinantes investigacións artísticas de matriz conceptual xurdida a fins da década de 1960, a creación artística de Lamelas inclúe instalacións, escultura, debuxo, fotografía, cinema, vídeo, son e obras textuais que narran os contextos e condicións que definen as percepcións e cognicións humanas. Unha arte feita, moitas veces, de case nada”, destacan dende esta fundación italiana.

A exposición, comisariada por Andrea Viliani con Eva Brioschi, desenvólvese espacialmente en todas as plantas desta fundación italiana e prolóngase no tempo ao longo de varios meses nos que, “asumindo distintas configuracións e activando tamén unha comparación paralela cunha selección de obras da colección, algunhas das As obras históricas máis importantes do artista presentaranse xunto con novas producións e un programa de eventos en vivo”, sinalan os promotores da mostra.