CulturaCulturaÚltima hora

Residentes en Valdegodos A Rúa visitan o Centro Cultural Avenida e a exposición ‘Nós tamén fomos emigrantes’

 

Desde o 12 de marzo o Centro Cultural Avenida da Rúa acolle a exposición “Nós tamén fomos emigrantes”. Unha selección de corenta fotografías da emigración, tanto española como galega, procedentes dos arquivos da Axencia EFE, cuxo obxectivo é “tratar de achegarnos a esa realidade histórica a través dunha síntese fotográfica das migracións mediante a mirada profesional e humana dos fotoxornalistas da época”, din dende Afundación, promotora da iniciativa.

É pois a historia de “millóns de españois que tiveron que abandonar a súa terra para sobrevivir” que se poderá ver ata o 10 de abril. Na xornada deste venres día 4 facíano un grupo de residentes no centro da terceira idade da Fundación Valdegodos na Rúa, que aproveitaban a ocasión para coñecer as instalacións do cine rués.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button