CulturaCulturaÚltima hora

De ruta polo “Carballedo máis pantonés”, o 20 de agosto

 

A Asociación cultural “Segredos de Pantón” organiza o 20 de agosto, conxuntamente coa asociación de veciños O Bubaíño de Castro (Carballedo), unha actividade “para coñecer algo máis este muncipio veciño e mesmo para coñecer lugares compartidos entre Carballedo e Pantón”, explican.

Neste senso, teñen previsto visitar a  aldea de Paradela, ao carón deste lugar está o antigo emprazamento da Eléctrica de Pantón, a igrexa románica de Santo Estevo de Chouzán, A Grixoá e a igrexa románica de San Xoán da Cova.

As persoas interesadas en participar poden anotarse:
– Por teléfono ou WhatsApp, ao telf. 662-669-223 (Lucas Vázquez).
– Por Facebook ou Instagram.
– Por correo electrónico: segredosdepanton@gmail.com.

 

Artigos relacionados

Back to top button