
Con moita antelación, despois da masificación do ano pasadao con 42 equipos, quedando fóra 9, o CD Barco abre a inscrición do seu Torneo Fútbol 7 ‘Valdeorras Perullo Cup 25’ que se celebrará do 11 ao 15 de xuño no Campiño de Viloira, no Barco. Coma sempre, neste campionato participan clubs e tamén equipos formados por amigos, nas categorías Prebenxamín, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil.
O torneo conta coa colaboración de Ocio y Deporte Valdeorras, da Deputación de Ourense e do Concello do Barco e terá premios para os catro primeiros clasificados e tamén trofeo para o mellor xogador e porteiro de cada categoría e nesta edición haberá “importantes novidades e sorpresas”, adianta o presidente do Centro de Deportes Barco, Nilo Ramos.
As inscricións, abertas ata o 30 de maio, poden facerse en Peluquería Nilo (WhatsApp: 667 40 43 30) e no teléfono de Agustín (WhatsApp: 680 46 15 28).




