
Os condutores que esta mañá circulaban pola OU-533 á altura do cruce que vai para Seadur (Larouco) atopábanse cunha singular estampa: un burro atado ao cartel informativo do desvío. Segundo daba a coñecer o Concello de Petín a través do seu facebook, estase a buscar ao dono do animal, polo que pregaban difusión.
Agradecemos a cesión desta foto a un dos nosos lectores para poder compartila a través deste medio de comunicación.