DeportesMontañismoÚltima hora

Deporte, formación, xogos e convivencia nun novo e exitoso Campamento de Espeleoloxía Águilas Verdes

 

Máis alá do deportivo, o Campamento Infantil de Espeleoloxía Águilas Verdes que se celebraba a pasada fin de semana no refuxio de Covas (Rubiá), é unha experiencia única na que os vinte cativos asistentes compartían multitude de actividades, deportivas, formativas, de natureza e lúdicas.

 

 

Trátase dunha exitosa iniciativa para nenos de entre 7 e 14 anos que o GEM (Grupo de Espeleoloxía e Montañismo) Águilas Verdes de Rubiá poñía en marcha no 2021 e na que se combina a actividade deportiva infantil coa divulgación entre os máis pequenos dos valores da natureza e da montaña a través do descubrimento da súa contorna, ao mesmo tempo que fomenta a convivencia e valores como a sociabilidade e o respecto.

 

 

O campamento comezaba o sábado 12 de xuño coa recepción dos participantes, que despois se dirixían ao refuxio para instalarse. Alí, recibían a visita dun membros do GREIM e dous do SEPRONA con base en Trives que facían unha exhibición, na que participaban os nenos do campamento. E xa pola tarde tras o xantar, facían unha actividade en kaiak no pantando de Penarrubia e visitaban  Despois da cea facíase algún xogo nocturno.

 

 

O programa completábase, como nas anteriores edicións, cun concurso de nós e un xantar no refuxio cos pais e nais dos nenos. O campamento remataba coa entrega de diplomas e despedida en torno ás catro da tarde.

 

 

Fotos: GEM Águilas Verdes.

Back to top button