CulturaÚltima hora

A Deputación concede 6.000 euros a Boborás para o XXXI Premio Antón Losada

 

A deputada de Transparencia, Montserrat Lama, esta mañá, dando conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno.
A deputada de Transparencia, Montserrat Lama, esta mañá, dando conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno.

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense celebrada esta mañá no Pazo Provincial aprobou unha axuda de 6.000 euros para o Concello de Boborás, destinada á XXXI edición do Premio Antón Losada Diéguez. Foi un dos acordos trasladados ao final da reunión pola deputada de Transparencia e Goberno Aberto do ente provincial, Montserrat Lama.

O galardón recoñeceu este ano as obras “Un animal chamado néboa”, de Ledicia Costas (categoría de creación literaria), e a obra “Vicente Risco. Mestre de mestres”, de Xosé Fernández (categoría de investigación e ensaio). O premio literario conta cunha dotación de 6.000 euros por categoría e premia as obras publicadas no ano anterior.

Artigos relacionados

Back to top button