
O 14 de xaneiro de 2025, os deputados ourensáns do Grupo do PP no Congreso, Celso Delgado, Ana Vázquez e Rosa Quintana e as deputadas leonesas Ester Muñoz de la Iglesia e Silvia Franco rexistraban varias preguntas no dirixidas ao Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible (MITMS) relativas ao estado da execución dos tramos da autovía A-76 entre O Barco de Valdeorras e Ponferrada.
Tras recibir as respostas do Goberno a estas preguntar parlamentarias, os deputados do PP consideran que “despois de máis cinco anos de atraso segue sen aprobarse o proxecto de trazado e de construción do tramo Requejo – A Veiga de Cascallá que o Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible contratou en abril de 2018. E négase agora o MITMS a dar informacións sobre a modificación do contrato de servizos para a redacción do citado proxecto. E despois de máis de sete anos de atraso desde a aprobación do proxecto de trazado segue sen aprobarse o proxecto de construción do tramo O Barco- A Veiga de Cascallá que o MITMS encomendou a INECO a finais de 2014”.
En concreto, Celso Delgado considera “inadmisible a falta de resposta do Goberno socialista a preguntas moi concretas sobre os tres tramos da A-76, o que evidencia un persistente desprezo a valdeorreses e bercianos”.
Así mesmos os deputados populares din que “a execución desta autovía ha de considerarse como prioritaria e traería uns beneficios sociais para un período de 30 anos de 1.470 millóns de euros”.