PolíticaÚltima hora

Deputados do PP preguntan ao Goberno sobre a instalación dun ascensor na estación de alta velocidade da Gudiña

A liña de alta velocidade ao seu paso pola Gudiña./ Foto: O SIL.

 

Nesta semana os ourensáns do grupo parlamentario do PP no Congreso, Celso Delgado, Ana Vázquez e Rosa Quintana, rexistraban unha pregunta dirixida ao Goberno para obter resposta por escrito sobre se “adoptará ADIF-AV/AV o acordo de instalar en 2025 un ascensor na estación de alta velocidade “Porta de Galicia” da Gudiña”.

Segundo os deputados do PP, “con carácter xeral esta terminal de viaxeiros responde ás necesidades dos usuarios, pero hai unha moi notable carencia na accesibilidade. As vías e plataformas da estación atópanse nun plano superior de modo que os viaxeiros que chegan ao vestíbulo teñen dúas opcións: ou subir a pé unhas escaleiras, ou utilizar unha larguísima rampla en zig zag cunha considerable pendente. Inexplicablemente nesta estación de alta velocidade, ADIF non instalou un ascensor, a pesar de ser inaugurada co correspondente oco para a súa colocación, xa que figuraba no proxecto esa construción”, tal e como explican no texto da pregunta.

Así mesmo, os deputados consideran que “tres anos despois da súa inauguración o importante crecemento do número de viaxeiros que usa esta estación xustifica que ADIF instale sen demora o elevador, que conta xa co oco destinado a esa finalidade”.

 

Artigos relacionados

Back to top button