Dende a pasada fin de semana búscase a Alejandro Martín Ares, un mozo ponferradino con familia en Valdeorras e propietario dunha coñecida perruquería na cidade. Segundo aviso emitido publicamente por Protemer, este mozo, cuxa desaparición foi denunciada á policía pola familia, desaparecía o pasado sábado. Vestía camiseta branca, pantalóns caqui e zapatillas grises.
