
O Equipo @ da Comandancia da Garda Civil de Ourense, no marco da operación ‘NETCAPITAL’, vén desarticular un grupo criminal dedicado a estafas vinculadas a operacións con criptomoedas de tomar declaración en calidade de investigados a un veciña de 46 anos de idade de Vigo, a un veciño de 54 anos de idade de Vigo e a un veciño de 33 anos de idade de Sevilla, como presuntos autores de 13 delitos graves de estafa, 1 delito de branqueo de capitais e outro delito de pertenza a grupo criminal.
Segundo a Garda Civil, este grupo defraudaría polo menos 1,1 millóns de euros. A operación comezou hai algo máis de dous anos, cando unha vítima na localidade de Viana do Bolo (Ourense) denunciou que lle estafaban 9.431,37 euros, tras realizar un investimento nunha suposta plataforma dedicada ao investimento en criptomoedas.
Por mor da investigación desta denuncia descubriuse o armazón que vinculaba á organización criminal con investimentos en criptomoedas que a lapostre resultaban ser falsas,para posteriormente desviar os fondos a diversas contas nacionais e internacionais dadas de alta por os propios membros da organización coa finalidade de ocultar e encubrir a procedencia ilícita do diñeiro, facéndoo parecer lícito.
O modus operandi consistía en publicar anuncios en portais da internet, onde promocionaban unha empresa ficticia especializada en investimentos en criptomoedas, prometendo elevadas rendibilidades. Tras clicar na páxina web, as vítimas eran dirixidas a unha páxina web falsa deseñada para simular unha plataforma de investimento. Dita plataforma fora creada de maneira expresa polos estafadores para a comisión dos feitos delituosos.
Alí, un suposto asesor financeiro guiáballes no proceso, xerando confianza e alentando novas transferencias. Parte do diñeiro era canalizado a través de “mulas económicas”, responsables de recibir os fondos e facilitar o seu branqueo.
O Equipo @ Santamariña instrúe dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de 1ª Instancia e Instrución número 1 da Pobra de Trives.
Ante o “crecente risco” de estafas en investimentos de criptomoedas, a Garda Civil recomenda tomar todas as precaucións previas antes de investir. Os autores empregan técnicas de enxeñería social, facéndose pasar por asesores financeiros ou empresas de investimento aparentemente lexítimas para convencer ás vítimas de enviar diñeiro. É fundamental que a cidadanía extreme precaucións”.
Ademais a Garda Civil achega algúns consellos clave para evitar ser vítima dunha estafa de investimento en liña. Son os seguintes:
•Verificar a identidade e reputación de a empresa ou persoa que ofrece o investimento, a través da páxina web ou contactando directamente coa CNMV (Comisión Nacional do Mercado de Valores).
•Desconfiar de ofertas urxentes ou con presión para decidir rapidamente.
•Non compartir información persoal ou bancaria con descoñecidos nin con contactos exclusivamente virtuais.
•Se non se logra a devolución do investimento, non continuar facendo achegas nin pagos en concepto de taxas, impostos ou comisións para recuperar eses fondos.
•Desconfiar de bufetes de avogados ou entidades de recuperación de activos que prometen recuperar o investimento a cambio dunha provisión de fondos.
•Denunciar calquera intento de estafa para facilitar a actuación das autoridades e previr que outras persoas sexan vítimas.
O Equipo @ Santamariña instrúe dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de 1ª Instancia e Instrución número 1 de Pobra de Trives