Entre as actividades incluídas no programa “A Caída da Folla”, do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, figura unha proposta vinculada coa minería aurífera romana no Xeoparque Mundial Montañas do Courel. En concreto, desenvolverase o vindeiro sábado 9 de novembro nos municipios de Quiroga e Ribas de Sil e permitirá que os participantes coñezan o labor dos romanos na extracción de ouro, guiados por un arqueólogo. Tamén se visitará un dos xacementos de ouro máis importantes de Galicia.
Datos da actividade
Prezo: 6 € / Horario: de 10:00 a 16:00 horas / Inclúe traslados en microbús, monitor especializado e picnic / Roteiro de 5 km – Dificultade baixa / Punto de encontro: Praza do Concello de Ribas de Sil (San Clodio).