CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Descubrindo os significados dos nomes de lugar no municipio de Manzaneda en “Toponimízate”

Trátase dunha campaña promovida pola RAG que chegaba na tarde do 6 de novembro a esta vila

 

De onde vén e que significa o topónimo Manzaneda. Era unha das cousas que aprendían os nenos e adultos que asistían á sesión da campaña divulgativa da toponimia “Toponimízate. Coñece os nomes da túa terra”, que se desenvolvía na tarde do 6 de novembro no CEIP de Manzaneda.

Da man do especialista Vicente Feijoo, membro do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega (RAG), os asistentes descubrían a orixe e o significado dos nomes dos lugares do seu entorno máis próximo: os das parroquias, aldeas, etc.

A Real Academia Galega (RAG) coordina esta iniciativa coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Fotos: Clemente Pérez Arias.

Artigos relacionados

Back to top button