ConcellosParada de SilÚltima hora

Desenvolvemento turístico e sostibilidade, á análise na xornada sobre Rede Natura en Parada de Sil

 

O Concello de Parada de Sil vén de acoller unha xornada técnica á que asistiron numerosos veciños  e informadores turísticos doutros concellos, así como especialistas en turismo do sector privado. Coa presenza de Tomás Fernández Couto, subdirector xeral de Espazos Naturais da Xunta de Galicia, que ademais dunha intervención sobre a xestión dos espazos protexidos participou nunha mesa redonda na que se abordou a situación actual e os retos de futuro tanto de buscar mecanismos de compatibilidade entre desenvolvemento turístico e sostibilidade da Rede Natura.

Combinouse o desenvolvemento turístico coa conservación da paisaxe, compartíronse bastantes conclusións, como a de evitar que a paisaxe sexa un parque de atraccións pero o mesmo tempo queda clara a necesidade de estimular de distintas maneiras actividades que permitan unha mellor explotación do mantemento da poboación no rural para evitar os incendios.

Os asistentes quedaron gratamente impresionados porque os poñentes puxeron como exemplo de bo facer a Parada de Sil na combinación de desenvolvemento turístico e conservación da paisaxe, concello que tomou e está a tomar medidas que requiren moita explicación para ser entendidas como a suspensión de licenzas por dous anos no núcleo de Parada de Sil para rehabilitación con finalidade turística.

Gaspar Fernández especialista en planificación e xestión forestal salientou a enorme cantidade árbores senlleiras que hai no concello, mesmo espazos enteiros como os soutos de Entrambosríos, animando a que se inclúan algúns no catálogo oficial da Xunta e se remate o estudo feito en tres parroquias nas outras seis manifestado o alcalde Aquilino Domínguez a súa vontade de levalo a cabo en canto sexa posible O alcalde tamén agradeceu a todos participantes a presenza e especialmente a Agustín Martín Xerente da empresa Sherpa Projec que tivese en conta a realización desta xornada técnica dentro das actuacións subvencionadas por a Consellería de Medio Ambiente en Rede Natura en Parada de Sil.

A xornada rematou cun paseo para recibir as explicacións dos expertos polo foxo do lobo e algunha árbore senlleira próxima ao concello.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button