ConcellosÚltima hora

Desfile da Garda Real no Malecón do Barco

Membros da sección de motos da Garda Real dirixíndose cara O Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O  venres 19 de maio ás 18h. no Paseo do Malecón  poderá verse un pasarrúas de movementos floreados (exhibición dos gardas reais coas súas armas e outros elementos) e tamén se contará coa presenza dunha unidade de cabaleiría e unha sección de motos, segundo se adianta dende o Concello do Barco.
Os integrantes desta unidade reuniranse na rúa Pescadores, precedidos de membros da sección de motos e camiñarán en formación polo Malecón ata a rotonda, onde se incorporarán 8 cabalos para acceder á explanada do campo da festa, onde se fará a exhibición. A estadía da Garda Real en Valdeorras finalizará o vindeiro día 20 de maio pola tarde.

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button