ConcellosTrivesÚltima hora

Desprendemento de partes dun edificio antigo na rúa Real de Trives

Arredor das cinco e cuarto desta tarde de 15 de xaneiro producíase un desprendemento de partes dun edificio antigo, fundamentalmente de grandes táboas, da Rúa Real da vila de Trives, en concreto do número 1.

Segundo explican os veciños, que amosan a súa preocupación ante o acontecido, o mal estado da edificación xa lles facía temer que podía producirse este tipo de situación, na que, afortunadamente nesta ocasión non houbo que lamentar danos persoais. Por iso piden que se interveña para evitar que volva a repetirse un suceso semellante. Tamén falan os veciños de que debería realizarse un mantemento das árbores próximas, que, aseguran, poden xerar problemas.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button