ConcellosO BarcoÚltima hora

Despréndese a cornixa dunha vivenda na avenida do Bierzo do Barco

 

Entre as incidencias sufridas no Barco por mor das borrascas destes días hai que sumar, na mañá deste 29 de xaneiro, arredor das 11:30h., o desprendemento da cornixa dunha vivenda situada na avenida do Bierzo no Barco. O desprendemento non causaba danos.

Ata o lugar desprazábanse de inmediato a Policía Local e tamén os bombeiros do parque comarcal da Rúa, que revisaban a zona. Para facilitar a súa intervención, a Policía Local procedía a cortar un dos carrís de circulación (o da saída da vila) durante unha hora.

Back to top button