Boa actuación dos atletas das Escolas Deportivas de Trives no campionato provincial de cross (Xogade), que tiña lugar o 14 de decembro no hipódromo de Antela (Xinzo) e no que competían coa camiseta do Adas Cupa do Barco.
Así o equipo infantil feminino do que formaban parte as trivesas Ainhoa Pérez, Deva Posada e Alejandra Prieto conseguía unha terceira posición na clasificación por equipos nos 2.000.

Ademais Gérard González e Adrián Pérez (alevíns) quedaban cuartos por equipos.
Marcas:
2000m. Ainhoa 10’15”. Deva 10’16”. Alejandra 10’29”.
2000m. Antón 9’30”.
1500m. Gérard 7’16”. Adrián 7’26.
