O Equipo Roca da Comandancia da Garda Civil de Ourense, no marco da Operación “Casnaloba”, vén de deter a dous veciños de Madrid como presuntos autores de un delito continuado de furto de cableado de telecomunicacións, cometidos nas zonas de Xunqueira de Ambía, Paderne de Allariz e Baños de Molgas.
A Garda Civil iniciaba a investigación tras ter coñecemento da presenza de varios individuos con numerosos antecedentes por delitos contra o patrimonio en varios negocios de hostalería de Barbadás. O día 1 de novembro, establecíase “en colaboración con axentes da USECIC (Unidade de Seguridade Cidadá) e Equipo Multidisciplinar de Incedios forestaes (EMIF), un dispositivo de seguridade, na ligazón de OU-540 con a A-52 , termo municipal de Barbadás, onde se pode observar que os integrantes de este grupo adoptaban as súas propias medidas de seguridade, ao recoñecer a zona primeiro con un vehículo, actuando a modo de lanzadeira, ao obxecto de detectar a presenza de patrullas policiais na zona. Durante o transcurso dese dispositivo a Garda Civil intercepta un furgón onde son localizados os dous detidos, e incáutase de 1200 metros de cableado de liña telefónica, cun peso de 900 kgs, diñeiro en efectivo, cheques bancarios da venda do cableado e varios teléfonos móbiles”, segundo informa a Garda Civil.
Os presuntos autores planificaban con antelación as súas accións delituosas e actuaban unicamente polas noites en zonas e paraxes illados. Estas persoas con numerosos antecedentes por feitos similares ao longo de todo o territorio nacional, levaban unha semana residindo nun establecimiento hostaleiro de Barbadás, mostrándose inactivosdurante o día, comezando a súa actividade caída a noite, e utilizando para os seus desprazamentos un furgón de grandes dimensións propiedade dunha empresa de alugueiro situada en Madrid. O seu “modus operandi” consistía en localizar o cableado, e mentres un ou varios dos compoñentes dedicábase ao corte de cable, outros compoñentes de a organización desprazábanse a distintas paraxes illadas para queimar o cableado e poder extraer o cobre para posteriormente proceder á súa venda, tal e como indica a Garda Civil.
A operación continúa aberta e está dirixida polo Xulgado de Instrución número 3 de Ourense.