As rúas de Manzaneda enchíanse esta mañá de animación con motivo da celebración da feira mensual. Moitas persoas percorrían os postos de mercado ambulante, comestibles, ferramentas e produtos agrarios cunha afluencia maior que en outras épocas do ano. Ademais aproveitaban para tomar os típicos callos en establecementos como o Bar Nevada.
Así mesmo, nesta feira podía verse unha exposión de artesanía en madeira de Paradela Arte que espertou o interese da xente de Manzaneda e, sobre todo, as visitas do nenos e nenas do Concilia Verán e da Casa Niño de Manzaneda
Fotos cedidas.