OurenseÚltima hora

Diferentes entidades locais asinan un convenio de colaboración co Concello de Ourense

As AA.VV. Miño e Limiar, Amencer, o Liceo, o Ateneo, a Coral de Ruada e o Cineclube Padre Feijóo son os beneficiarios

Momento da sinatura coa Asociación Xuvenil Amencer.

O Concello de Ourense aprobou na mañá de hoxe, 29 de decembro, a materialización dos convenios de colaboración con diferentes entidades locais: as agrupacións de asociacións de veciños Miño e Limiar, por unha banda, a asociación xuvenil Amencer, por outra, e Liceo, Ateneo, Coral de Ruada e Cineclube Padre Feijóo, no eido cultural, asinaron os seus respectivos acordos logo de seren aprobados nunha sesión extraordinaria de xunta de goberno local. En total, o Concello destinou 63,212 euros ás diferentes asociacións e colectivos.

Os primeiros colectivos en plasmar a súa sinatura foron os relacionados co movemento veciñal. Así, a Agrupación de Asociaciones de AAVV do Rural e Periferia do Concello de Ourense ‘Miño’ e Federación de Asociacións de Vecinos Limiar (15.106 euros cada un) renovaron a súa vinculación co Concello.

Posteriormente, foi a Asociación Xuvenil Amencer a que rubricou, xunto ao alcalde de Ourense, o convenio de colaboración de 9.000 euros. Finalmente, foi a quenda das asociacións culturais. Ateneo de Ourense, Liceo de Ourense, Coral de Ruada e Cineclube Padre Feijóo asinaron respectivos convenios de colaboración por valor de 6.000 euros.

Artigos relacionados

Back to top button