
Rematan as clases nas escolas deportivas de Trives. Entre os últimos actos deste curso estaba a entrega de diplomas fin de curso das distintas especialidades, que tiña lugar o 18 de xuño no colexio público de Trives. Neste acto de clausura estiveron presentes os alumnos inscritos nos distintos cursos, que foron un total de 78 con idades comprendidas entre os 3 anos e os 16 anos.
O alcalde de trivés, Francisco José Fernández, aproveitou a asistencia aos actos de fin de curso para “renovar o compromiso do goberno local coas iniciativas deportivas, saúdables e de ocio destinadas aos máis novos. Ademais felicitou aos técnicos do Concello polo seu traballo nas Escolas deportivas.
Momentos antes de recibir o seu diploma, os rapaces participaban nunha gynkana organizada pola Concellería de Xuventude e Deportes.
Foto: cedida polo Concello de Trives