
Dar a coñecer o seu labor e achegalo aos máis pequenos. Con este obxectivo o grupo de Radioafeccionados da Pobra de Trives desenvolverá, por segundo ano consecutivo, unha actividade divulgativa e lúdica no marco do campamento DiverTrives.
Trátase da “II Cacería do Zorro” e está prevista para o día 1 de agosto ás 10:30h. Nela os Radioaficionados de Trives “amosaranlle aos máis pequenos como funcionan os actuais métodos de comunicación de emerxencia, e farano dun xeito ben divertido: a través dunha xinkana na que os nenos e nenas terán que buscar ao “Zorro” (un boneco) pola vila”, adiantan dende o Concello de Trives. Nesta búsqueda local, por local, utilizarán como medio de comunicación os walkie talkies.
Nesta actividade, organizada por DiverTrives, colaborarán os Radioafeccionados da vila e o grupo de emerxencias EMCOM.
