
O equipo alevín A do CD Rúa vén de rematar unha espectacular tempada, coándose entre os 8 mellores de Galicia.
O conxunto que levaban este ano Luis Mª Ferrer e José Antonio N. Barba competía na 1ª división alevín da liga de Ourense, xunto a outros 15 equipos, de onde sairían os equipos para o Campioanto Galego. “Nós quedamos segundos con 70 puntos o que nos deu opción a clasificarnos, xunto ao campión ourensán (o Pabillón Ourense), tres equipos da liga de Pontevedra e outros tres da de Vigo, para a fase intermedia Zona Sur”, explica Ferrer, engadindo que na Zona Norte clasificáronse outros oito equipos das ligas da Coruña e Lugo.

A fase intermedia xogábase esta fin de semana no Campo A Moreira en Xinzo de Limia cos equipos divididos en dous grupos: CD Rúa, Ribadumia, Sagrado e Escola Denis Suárez; e Valmiñor, Celta de Vigo, Pabellón Ourense e Saraiba do Mar, clasificándose dous de cada. O CD Rúa pasaba o primeiro corte pero perdía na final contra o Celta, que xogará xunto á Escola Denis Suárez a fase final a vindeira fin de semana en Vilalba (Lugo).
Malia non pasar, os responsables do CD Rúa que aposta forte pola base, síntense moi orgullosos dos seus nenos que deixaron o nivel moi alto.
Fotos cedidas.



