Baixo o lema de “Axuda para Valencia” dous establecementos de hostalaría do Barco veñen de iniciar unha campaña de recollida de alimentos, roupa e mantas para enviar aos damnificados pola catástrofe da DANA.
Pode colaborarse entregando comida (para consumo sen cociñar, cereais, galletas…), roupa e mantas. Os puntos de recollida son “Café Teatro Bajo 5” e “Las Recetas de la Abuela”. Farase un envío presencial o 4 de novembro.