ConcellosSoberÚltima hora

Dous mozos de Sober organizan o I Torneo de Catán, un xogo de estratexia que estrearán nas festas da vila

A idea é repetir a competición unha vez ao ano, coincidindo cos festexos

Cedida.

Os mozos Diego Arias e Santiago González, ambos de Sober, veñen de abrir o prazo de inscrición no I Torneo de Catán de Sober, un xogo de estratexia que estrearán nas festas da capitalidade, os días 13 e 14 de setembro.

O obxectivo do xogo é construír pobos, cidades e camiños sobre un taboleiro que é distinto en cada partida, mentres se van acumulando varios tipos de cartas que fan posible realizar diferentes construcións coas que conseguir puntos. O primeiro xogador que chega aos dez puntos resulta o gañador.

Todos os semifinalistas e gañadores levarán premio patrocinado polo Concello de Sober.

A competición repetirase anualmente coincidindo coas Festas da capitalidade.

Inscrición gratuíta a través:
– Paxina web: https://torneocatansober.wixsite.com/home
– ⁠Correo: torneocatansober@gmail.com
– ⁠Instagram: @torneocatansober

En caso de ser menor de idade, prégase a autorización dun titor legal cubrindo un formulario que será facilitado pola organización. Pódese participar a partir dos dez anos.

Artigos relacionados

Back to top button