SanidadeÚltima hora

Dous novos falecementos de persoas diagnosticadas por Covid na provincia

Entrada ao Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dende a Consellería de Sanidade vén de notificarse o falecemento nas últimas horas de oito persoas en Galicia, dúas delas na provincia de Ourense. Trátase dun home de 81 anos e dunha muller de 96 anos (esta última procedente da Residencia Os Gozos de Pereiro de Aguiar) que estaban ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. Ambos presentaban patoloxías previas.

Ademais na comunidade falecían outras seis persoas: un home de 82 anos que estaba ingresado no Hospital da Mariña; unha muller de 86 anos que estaba ingresada no CHUS; un home de 72 anos que estaba ingresado no CHOP; un home de 83 anos que estaba ingresado no Hospital Quirón-Salud da Coruña; e dúas mulleres de 76 e 86 anos que estaban ingresadas no CHUVI (ambas procedentes da Residencia de Salvaterra do Miño). Todas elas presentaban patoxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button