SanidadeÚltima hora

Dous novos falecementos de persoas diagnosticadas por Covid na provincia

Exterior do Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dende a Consellería de Sanidade vén de comunicarse o falecemento en Galicia nas últimas 24 horas de tres persoas que foran diagnosticadas por Covid, dúas delas na provincia de Ourense. Trátase dunha muller de 88 anos que estaba ingresada no Hospital Universitario de Ourense e dunha muller de 88 anos na Clínica Santa Teresa de Ourense.

Ademais perdía a vida unha muller de 91 anos no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

As tres persoas falecidas presentaban patoloxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button