DeportesÚltima hora

Dous ourensáns, entre os mellores nadadores do tríatlon “Nada Corre”

A competición levouse a cabo o pasado domingo nas instalacións deportivas universitarias do Campus ourensán
O equipo do CNPO no “Nada Corre”.

O pasado domingo, Ourense acolleu a segunda proba de “Nada Corre”, unha competición da federación de tríatlon enfocada aos escolares e que foi organizada polo Club de Natación Pabellón Ourense nas instalacións de “Aqua Ourense” e do servizo de Deportes da Universidade de Vigo.

Pese as inclemencias do tempo, a proba desenvolveuse sen incidentes. Primeiramente, leváronse a cabo as series de natación onde, dende prebenxamíns a cadetes, cubriron as correspondentes distancias. Máis tarde, foron cara á pista de atletismo para facer o propio sobre a carreira a pé.

Os locais colocaron a varios dos seus triatletas entre os mellores do sector de natación, como foi o caso de Alexandre Álvarez en infantil e Uxía Campos en alevín. En canto á carreira, Alexandre vencería na súa categoría, mentres que Campos finalizou cuarta a só un segundo do bronce e Helena Dacosta quinta en cadete. Tamén destacaron o resto de ourensáns como Roi Naranjo, Hugo Estévez, Ignacio Delgado e Fabio González, que se van abrindo un oco na sección de recente creación no CNPO.

Entre o resto de competidores do tríatlon, destacou o club de Riveira, que foi o que máis deportistas desprazou cuns notorios resultados, ao igual que o tríatlon Motobike Galaico, os cales coparon unha boa parte dos podios.

Artigos relacionados

Back to top button