DeportesÚltima hora

Dous ouros para o atleta valdeorrés Paco Bao na Copa Deputación Ourense máster

 

Neste caluroso 24 de xuño, o atleta valdeorrés Paco Bao Estévez volvía subirse ao podio, desta volta no da XLIII Copa Deputación Ourense na final máster, que se desenvolvía na pista de atletismo “Josefina Salgado” do Complexo Deportivo Monterrei, no Pereiro do Aguiar.

 

 

Era a súa proba número 835, e nela facíase con dous ouros en xavelina (500 gramos) e e 200 m (con 57.69, mellor marca persoal) na categoría M75. “Era a unha do mediodía, con 38 graos”, asegura este atleta do Club Adas Cupa do Barco.

Fotos cedidas.

 

Back to top button