DeportesÚltima hora

Dous podios para os atletas triveses na 4º Xornada da Copa Deputación en pista cuberta

Publicidade
Alejandro Basalo González.

 

Bos resultados dos atletas das Escolas Deportivas de Trives na cuarta xornada da XXXIX Copa Deputación – Pista Cuberta Ourense – 4ª Xornada. Así, Alejandro Basalo González quedaba segundo en Sub-16( peso 4kg) cunha marca de 9. 81.

Ademais, Aitor García Peña. Sub-14 (peso 3kg) lograba outro segundo posto cun rexistro de 7.55. “Como sempre, os rapaces nunca fallan, levan un tempo sen entreno e sen competir, pero sempre dando o mellor de si mesmos, como adestrador só se pode estar orgulloso destes deportistas”, resalta o adestrador das escolas trivesas, Tino Sierra.

Ambos atletas competían coa camiseta do Club Adas Cupa do Barco.

 

Aitor García.

Artigos relacionados

Back to top button