DeportesÚltima hora

Dúas novas xuíces de nivel I para a Delegación Valdeorresa da Federación Galega de Atletismo

 

Entre os 26 novos e novas xuíces de nivel I galegos que resultaban aptos no último exame celebrado o pasado día 12 de decembro en Pontevedra figuran dúas da Delegación Valdeorresa da Federación Galega de Atletismo (FGA). Trátase de Ana Belén Estévez e de Paula Vidal.

“Con esta nova promoción refórzase considerablemente o panel de xuíces do Comité Galego, quen poderá contar con máis efectivos de cara ao seu cometido nas probas de rango federado en todas as modalidades”, destacan dende a FGA.

Os xuíces nivel I poderán ser nomeados para actuar en todas as competicións de calendario nacional e internacional que se celebren na súa Comunidade Autónoma e naquelas que se celebren noutra comunidade para as que fosen nomeados polo CNJ.

Estas dúas novas xuíces de nivel I permitirán reforzar o plantel de xuíces da Delegación Valdeorresa (cuxa delegada de xuíces é Montserrat Barrio) de cara a organizar competicións na zona.

Artigos relacionados

Back to top button