CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

“A Edreira é un eslabón da historia que se pasou por alto”

Xosé Domínguez presentaba o seu último libro de investigación na tarde do 19 de maio na Biblioteca de Verín

No acontecido ao longo de nove meses (entre 1948 e 1949) na Edreira, un caserío situado no corazón do Macizo Central Ourensán, pon o foco no seu novo libro o xornalista Xosé Domínguez González, natural de Chandrexa de Queixa. Trátase dunha investigación histórica que aborda os sucesos que se foron desenvolvendo no que foi o derradeiro refuxio da II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia en terras ourensás. O libro leva por título “A Edreira. El último bastión de la resistencia en Ourense (18 en el balneario)” e presentábase ante numerosas persoas na tarde do 19 de maio na Biblioteca Municipal de Verín.

“Este é un eslabón da historia que pasou por alto practicamente todo o mundo. Paréceme moi importante reivindicar A Edreira polo seu valor e porque é unha historia que antes non era coñecida”, aseguraba durante a presentación o autor do libro, editado por Círculo Rojo. E engadía que este traballo “é un primeiro paso” para amosar o que “constituíu A Edreira”.

No acto tamén interviña Fernando Serrulla Rech, médico antropólogo e forense, quen tamén ten colaborado nesta obra coas análises criminolóxica e forense que aparecen no capítulo sexto (“La quema de A Edreira”). Na súa intervención destacaba o gran “esforzo de investigación” que ten suposto esta obra, que “despois de moitas voltas conseguiu ver a luz”. Asemade explicaba as súas conclusións tras estudar os infomes das autopsias de Constantino Costa e de Francisco Fernández “Galán”, mortos nese lugar.

Fotos: Carlos G. Hervella
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Back to top button