
Voluntarios de Cruz Vermella Xuventude, desenvolveron na mañá do 18 de xuño un obradoiro de xabóns con aceite no CEIP Luis Vives de Ourense.
A actividade está enmarcada dentro da Semana Cultural do centro, e a través dela Cruz Vermella pretende “fomentar o respecto polo medio ambiente e a reutilización de materiais, neste caso o reciclado de aceite para a elaboración de xabón” explican dende a organización.
No patio do colexio xuntáronse máis de 200 alumnos de 3º a 6º de primaria, que participaron “poñendo moita atención en cada un dos pasos a realizar para conseguir un perfecto resultado” tal como apuntan dende Cruz Vermella, engadindo que ao longo de todo o curso, “realizamos neste en e noutros centros educativos da provincia charlas sobre educación para a saúde e prevención en condutasviolentas, nos que participaron máis de 1.700 mozos de entre 14 e 20 años”.

Fotos: cedidas pola Cruz Vermella