Elección galegas 18F - 2024PolíticaÚltima hora

Eladio Santos: “Nós fixemos unha boa campaña, pero agora toca facer unha oposición contundente, sostida e continuada”

O número 4 da lista do PSdeG por Valdeorras valora os resultados deste partido, que pasa de 3 a 1 deputado na provincia de Ourense

 

O PSdeG-PSOE quédase cun único deputado en representación da provincia de Ourense no Parlamento galego, onde na anterior lexislatura tiña un total de tres. Será finalmente Carmen Rodríguez a única representante ourensá electa na Cámara galega, nunha lista da que tamén formaba parte o valdeorrés Eladio Santos.

“Os resultados non son bos evidentemente, o PsdeG baixou en representación en case todos os sitios e boa parte do votos, por non dicir todos, da esquerda concentrouse no BNG. Era un resultado lóxico tendo en conta que era a forza ascendente e nós non fomos capaces de reter os 14 escanos que tiñamos en ningún momento. E, a partir de aí, descompénsase a situación. O BNG sobe, fixo un bo traballo, e nós non fomos capaces de aguantar, mentres que o PP conserva a maioría absoluta”, comentaba Eladio Santos ao final do escrutinio.

 

 

O candidato valdeorrés explicaba que “nós realizmos unha boa campaña pero agora o que temos que facer de cara aos vindeiros catro anos é unha oposición contundene, sostida, continuada e disciplinada seguindo ao noso lider Besteiro. Ese é o plan que hai agora para dentro de catro anos intentar cambiar as cousas que agora non se conseguiron. Queda moito traballo por facer”.

Fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button